Monólogos e coloquios darán visibilidade ao colectivo trans

Pontevedra
18 de marzo 2019

O PSOE levará a cabo unha serie de coloquios para dar información e concienciar á sociedade sobre as persoas LGTBI con motivo do Día de Internacional da Visibilidade Trans que se celebra o 31 de marzo

Presentación das actividades para o Día da Visibilidade Trans
Presentación das actividades para o Día da Visibilidade Trans / PontevedraViva

O PSOE presentou durante a mañá deste luns o programa de actividades e accións reivindicativas que se realizarán con motivo do Día Internacional da Visibilidade Trans que se celebra o 31 de marzo. 

A activista LGTBI e número 6 da lista do PSOE en Pontevedra, Ada Otero, presentou as diferentes actividades nas que vai participar con motivo deste día e asegurou que o reclamo principal destas accións é a visibilidade para dar información e concienciar "de que estamos aquí y existimos".

Ada Otero estará o 31 de marzo na Taberna do Jazz realizando un monólogo enfocado á súa experiencia como persoa visible trans. Fóra de Pontevedra, o 3 de maio, participará no IV Seminario de Educación Afectivo Sexual de Lalín e o 31 de maio na II Festa da Diversidade en Moaña.

Pola súa banda, o candidato socialista á Alcaldía, Tino Fernández, quixo mostrar o seu apoio a "todas estas iniciativas do colectivo trans no eido da visibilidade dunha realidade para que se vexa normal" e mellorala a base de visibilización a través de coloquios e asegurou que "todas as áreas de goberno van a estar impregnadas con políticas de igualdade" con charlas de asistencia obrigatoria ás persoas do partido.

No pleno ordinario do mes de abril, o PSOE presentará unha moción onde instarán ao Concello e ás administracións competentes para que se introduzan charlas sobre as sensibilización e liberdade de xénero no protocolo escolar que levará a cabo a asociación Arelas, asociación que traballa e promove a defensa dos dereitos das persoas trans en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.

Tino Fernández tamén quixo facer  "un chamamento a todas as persoas, e sobre todo as mulleres, para que o día 28 de abril decidan ir a votar en liberdade polas opcións que lles garanticen que a loita pola igualdade vai avanzar e non vai a retroceder" e pola súa banda, Gloria Blanco, integrante da formación socialista, mostrou o seu desexo e a súa confianza en que "el próximo mandato será el mandato por la igualdad".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora