A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta a martes 25 de maio con 325 casos activos de covid, o que supón un descenso de 7 na última xornada.
Así o reflicte a actualización oficial de datos da pandemia ofrecida polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas.
Segundo sinala o Sergas, nas últimas 24 horas detectáronse 16 novos contaxios na área pontevedresa, cifra superada polas 23 altas epidemiolóxicas.
Ademais a Unidade deCoidados Intensivos de Montecelo conta cun paciente menos ingresado para un total de 4, mentres que outros 14 afectados evolucionan en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 13.674 persoas en Pontevedra e O Salnés, rexistrándose 177 falecementos de pacientes con positivo activo.
En canto á realización de test, nas últimas 24 horas fixéronse 188, que se engaden ás 233.249 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico Galicia conta ao 25 de maio con 2.553 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de 69. Deles 109 persoas atópanse ingresadas en planta (tres menos) e 31 atópanse na UCI (unha menos).
En Galicia faleceron pola covid 2.412 persoas, tras sumarse un falecemento máis nas últimas horas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.