Na película 'Atrapado no tempo', Bill Murray interpreta a un home condenado a revivir, unha e outra vez, o mesmo día. Un 'día da marmota' que os edís da corporación municipal quixeron emular no pleno celebrado este luns na casa consistorial.
E é que os dous principais debates foron asuntos recorrentes na política municipal dos últimos anos e nos que ningún do tres partidos moveuse das súas posicións prefijadas. Estamos a falar do aparcadoiro do Novo Montecelo e a situación da rúa Raíña Vitoria.
No primeiro deles houbo unanimidade, aínda que con matices, para reclamar que se amplíen as prazas de estacionamento gratuíto na contorna do complexo hospitalario. Todo partiu da proposta presentada polo PSdeG-PSOE.
O edil Iván Puentes censurou os prezos "chamados a ser abusivos" que a Xunta de Galicia imporá ao novo aparcadoiro do hospital, criticando que o goberno galego pola súa "insensibilidade" e por querer facer un "negocio paralelo" coa sanidade pública.
As prazas previstas, segundo Puentes, son "claramente insuficientes", ao que se suma que chegar até o hospital en transporte público desde moitos municipios da área sanitaria é "imposible", o que complica a mobilidade dos pacientes e das súas familias.
A este respecto, os socialistas suxeriron que, chegado o caso, o Concello supla a "mala xestión" da Xunta e busque fórmulas para crear zonas de aparcadoiro gratuítas, ao que se agarrou o PP, alegando que "a quien le corresponde hacer un parking público es el alcalde".
Tras soster que os prezos do novo aparcadoiro serán "absolutamente competitivos" e que a Xunta incrementará as prazas gratuítas "de manera significativa", Rafa Domínguez reiterou que a "responsabilidad" de dotar ao hospital de estacionamento é do Concello.
Desde o goberno municipal, César Mosquera defendeu que o Concello "colaborou en todo e máis" no impulso a este novo hospital e que, no seu día, propuxo aproveitar os 'leira-parks' para que todo o complexo sanitario tivese aparcadoiro gratuíto suficiente.
"Imos presionar todo o que poidamos", sinalou Mosquera, que lembrou que "sabotear a solución urbanística que propuxemos nos doeu". Agora mesmo, facer un aparcadoiro municipal, é "inviable" ante a falta de terreos nas inmediacións do hospital.
O de Raíña Vitoria, pola súa banda, foi un verdadeiro 'diálogo de xordos' e no pleno quedaron patentes o tres diferentes sensibilidades en torno ao peche desta rúa.
Así, os populares lamentaron que o BNG siga "obstaculizando" a súa reapertura, convencidos de que a vontade da "gran mayoría" dos cidadáns é que por esta rúa volvan circular os coches, xa que "entorpece el tráfico y empeora gravemente el barrio de Campolongo".
O BNG, mentres tanto, mantén que o peche ao tráfico de Raíña Vitoria "mellorou bastante" a circulación en Campolongo e Eduardo Pondal. Reabrila, segundo Mosquera, suporía "cargarse" a zona de baixas emisións, acusando aos populares de "ir en contra" do modelo urbano.
Entre uns e outros, os socialistas lamentou que ao PP "lle importe un pepino" abrir Raíña Vitoria e avogaron por "facer o que a maioría quere", que se transforme a rúa nunha vía de plataforma única con acceso reservado a residentes e servizos, integrándoa na Alameda.

Pleno da corporación municipal de Pontevedra