Moreira celebra a ampliación da depuradora e acusa a Lores de "desentenderse" do saneamento

Pontevedra
07 de abril 2016

O anuncio da Xunta sobre a ampliación da EDAR de Praceres mostra, segundo Jacobo Moreira, o compromiso "ineludible" do PP co saneamento da ría. Os populares entenden que estas instalaciones "hace ya mucho tiempo" que non son suficientes para a demanda que ten, por lo que consideran que "no se podia demorar más" esta actuación

Comida do Partido Popular co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
Comida do Partido Popular co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo / Mónica Patxot

O anuncio da Xunta sobre a ampliación da EDAR de Praceres mostra, segundo Jacobo Moreira, o compromiso "ineludible" do PP co saneamento da ría. Os populares entenden que estas instalaciones "hace ya mucho tiempo" que non son suficientes para a demanda que ten, por lo que consideran que "no se podia demorar más" esta actuación.

En rolda de prensa, o voceiro do PP en Pontevedra recordou que na ría son moitas as persoas que viven do mar "y no pueden verse perjudicadas" por un mal funcionamento da depuradora.

Pero Moreira tamén apunta á responsabilidade do Concello neste asunto. Asegurou que o seu partido ven denunciado sistematicamente verteduras á ría e advertindo que o saneamento do rural "no está completo".

Os populares cren que desde o baño de Lores na ría en 2006, o alcalde "se ha desentendido de este problema", polo que a placa que está situada na avenida de Marín para celebrar que a ría e o río Lérez están saneados "debería sonrojarle".

Jacobo Moreira espera que o alcalde "cuelgue el micrófono de comentarista y se ponga el mono de obra" porque afirmou que mentres critica investimentos doutras administracións "sigue olvidando sus obligaciones con el saneamiento del rural".

Ademais, o portavoz popular lamenta tamén que outras formacións como a Marea presenten mocións instando á Xunta a buscar outro emprazamento para a depuradora, pero sen especificar lugar.

"La Marea va a ser conocida no como los ninis, sino como los minis", apuntou, porque sinalou que se hai un problema coa compostaxe, "lo solucionan con miniplantas" por todo o municipio e se hai un problema co saneamento, "proponen minidepuradoras" pero sen especificar onde, polo que engadiu que nestes temas "hay que ser serios".