Moreira di que os técnicos "no miran con el mismo celo" as propostas do goberno e da oposición

Pontevedra
20 de decembro 2016

Un día despois do pleno no que debía debaterse o orzamento municipal, o Partido Popular volveu a acusar ao BNG de "avasallar" aos funcionarios do Concello para que redacten "informes express" para cuestionar todas as emendas e escritos que presenten os grupos da oposición con respecto ás contas de 2017

Jacobo Moreira, conversando co secretario do pleno no Teatro Principal
Jacobo Moreira, conversando co secretario do pleno no Teatro Principal / Mónica Patxot

Un día despois do pleno no que debía debaterse o orzamento municipal, o Partido Popular volveu a acusar ao BNG de "avasallar" aos funcionarios do Concello para que redacten "informes express" para cuestionar todas as emendas e escritos que presenten os grupos da oposición con respecto ás contas de 2017.

O goberno, segundo Moreira, debe deixar de buscar "subterfugios" para non tramitar estas emendas e "sentarse a negociar" cos populares para acordar "el mejor presupuesto" para os intereses dos pontevedreses.

Pero o portavoz popular foi máis aló e asegurou que, aínda que respecta e defende o traballo dos técnicos, estes están "a las órdenes" do goberno municipal e aínda que nos seus escritos "no dicen nada que no sea cierto", si ven que as propostas do BNG e da oposición "no las miran con el mismo celo".

"A algunos nos miran hasta el color del pelo", asegurou Jacobo Moreira, que lamentan que o goberno municipal dera ordes aos funcionarios de buscar erros "hasta en la paginación" das emendas presentadas pola oposición. O BNG, dixo, ten toda a "maquinaria administrativa" ao seu servizo.

A Lores, segundo Moreira, politicamente falando, "de vez en cuando hay que darle una bofetada y pararle los pies"

Moreira engadiu que "mientras que a nosotros se nos exige motivar las enmiendas al BNG le sirve con decir que son los mejores presupuestos para la ciudad".

Máis aló desta cuestión, o portavoz do PP esixiu a Lores "madurez política", xa que asegurou que vincular o orzamento a unha moción de confianza proba o "declive" do alcalde, ao que non lle ven capacidade de diálogo nin de xestión e ao que, politicamente falando, "de vez en cuando hay que darle una bofetada y pararle los pies".

Os populares lembran que o BNG non conta con maioría absoluta e "tiene que negociar con otros partidos", algo para o que "nosotros seguimos tendiéndole la mano".

Así, Jacobo Moreira afirmou que están dispostos a reconsiderar a súa postura contraria ao orzamento se os nacionalistas aceptan as emendas presentadas polos populares, que solicitan a baixada de impostos -especialmente o IBI-, a implantación do transporte urbano en Pontevedra e a aprobación do PXOM.