Un home duns 80 anos perdeu a vida este luns tras ser atropelado na estrada N-541, ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.
A vítima, que era veciño da zona, faleceu no acto.
O suceso rexistrouse sobre as 8:15 horas no lugar de Calvelo, en Tenorio.
Foi concretamente no quilómetro 84,800 desta estrada nacional, segundo informou a Garda Civil de Pontevedra.
Un particular foi o que alertou ao 112 Galicia, explicando que o ancián estaba tendido sobre a calzada tras o impacto co vehículo que o atropelou.
Fontes da investigación apuntan a que a vítima non cruzou a estrada por ningún paso de peóns habilitado na N-541.

A escasa visibilidade que se rexistraba na zona no momento do accidente, debido á pouca luz desas horas da mañá e as choivas, contribuíu tamén ao fatal desenlace.
O condutor do turismo non puido evitar o atropelo. Tras o sinistro, deu negativo nas probas de alcohol e drogas.
Até o lugar, xunto cos axentes da Garda Civil, acudiron unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061e efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.