Un home de 56 anos, veciño de Ourense, faleceu este sábado en Cerdedo tras saír da estrada na N-541.
O accidente, segundo confirmaron fontes do operativo de emerxencias, produciuse pouco despois das cinco da tarde no quilómetro 65 desta estrada.
O motorista, por causas que aínda se investigan, saíu da estrada nunha curva e bateu contra un quitamedos.
A vítima era a única persoa que viaxaba na moto no momento do accidente.
Ao lugar do sinistro desprazouse un helicóptero de rescate do 061, unha ambulancia medicalizada e efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.