"El principal problema de las ciudades es la velocidad y cantidad de velocidad mecanizada". O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, comezou así este mércores a súa conferencia na xornada "Contorna urbana e saúde" organizada pola Deputación de Barcelona á que asistiron unhas trescentas persoas do ámbito político e técnico chegadas de concellos de toda Cataluña, así como a delegación de municipios pontevedreses que esta semana está a realizar unha viaxe formativa sobre "Mobilidade".
O vicepresidente Mosquera subliñou que é preciso poñer un límite ao consumo da velocidade e cantidade de vehículos motorizados, xa que do contrario "destrozará las ciudades". Indicou que as solucións ao problema pasan por atacar o problema central con criterios claros en lugar de tomar solucións desesperadas "que está demostrado que no funcionan".
Para o nacionalista é fundamental un cambio de idea sobre o que é a ocupación do espazo público, o que el considera un dereito básico e fundamental "de las personas y no de los coches".
Sobre esa premisa, dixo Mosquera, hai que facer que nas cidades só entren os coches por cuestións de necesidade e servizos. "El espacio público es un derecho fundamental como la sanidad o la educación. Es un derecho que las administraciones debemos garantizar que puedan ejercer las personas. Y hay que tener claro que primero debe resolverse la ciudad como tal y luego su movilidad", advertiu ao auditorio.
Outra das relatoras da xornada, a directora de programa do Instituto Gehl, Jennifer Garner, subliñou que os espazos públicos das vilas "tienen un impacto en lo que somos como sociedad y pueden decir en que se apoya la vida pública de cada lugar".
Por outra banda, tamén falou a subdirectora do departamento de saúde da cidade de New York, Aletha Maybank, que explicou as medidas prácticas que ten adoptado o goberno local para desenvolver espazos máis amables e saudables para as persoas nunha urbe de grandes dimensións como a americana.