Mosquera celebra o avance na Circunvalación: "é un paso firme, demostra que hai vontade de facela"

Pontevedra
24 de setembro 2013

O concelleiro de Infraestructuras asegura non obstante que "nos gustaría que fose máis rápido", e carga contra a actitude da Xunta de Galicia

O anuncio do Ministerio de Fomento en relación ao levantamento de actas previas á expropiación de terreos para o primeiro tramo da futura Circunvalación de Pontevedra, entre Vilaboa e A Ermida, foi acollida con satisfacción no Concello de Pontevedra, ao avanzar na construción dunha infraestrutura que consideran fundamental.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, manifestouse neste sentido asegurando que se trata de "un paso firme e que demostra que hai vontade en facela. Se se fai ese tramo haberá que continualo".

Esa vontade á que alude Mosquera refírese exclusivante ao Goberno, pero non á Xunta: "a ministra dixo que era unha prioridade, non como a Xunta".

No que se mostrou máis cauto o concelleiro é nos prazos: "gustaríanos que fose todo máis rápido".

Arquivado en