Aparatoso accidente de circulación o acontecido a última hora deste sábado 4 de abril en Castrelo, Cambados.
No mesmo víronse implicados unha moto e un coche, resultando ferido no choque o motorista.
Trátase dun home de 29 anos, veciño de Cambados.
A colisión produciuse na estrada PO-550.

Segundo informan os servizos de emerxencia o motorista ferido foi evacuado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.
Contaba con dor cervical, torácico, lumbar e mazaduras.
Na intervención, ademais do 061, participaron efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e da Garda Civil de Tráfico.

.