Un motorista resulta ferido nun choque contra un coche en Cambados

O Salnés
05 de abril 2026

O accidente produciuse en Castrelo. O motorista, de 29 anos, foi evacuado polo 061 ao Hospital do Salnés

Accidente cun motorista ferido na PO-550 en Castrelo, Cambados Servizo de Emerxencias

Aparatoso accidente de circulación o acontecido a última hora deste sábado 4 de abril en Castrelo, Cambados.

No mesmo víronse implicados unha moto e un coche, resultando ferido no choque o motorista.

Trátase dun home de 29 anos, veciño de Cambados.

A colisión produciuse na estrada PO-550.

Accidente cun motorista ferido na PO-550 en Castrelo, CambadosServizo de Emerxencias

Segundo informan os servizos de emerxencia o motorista ferido foi evacuado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.

Contaba con dor cervical, torácico, lumbar e mazaduras.

Na intervención, ademais do 061, participaron efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e da Garda Civil de Tráfico.

Accidente cun motorista ferido na PO-550 en Castrelo, CambadosServizo de Emerxencias

.