Mouchos, coruxas, sapos e bruxas… Pontevedra conxura a Feira Franca

Pontevedra
02 de setembro 2017

Nunha máxica cerimonia celebrada este venres na praza da Ferrería os pontevedreses conxuraron a Feira Franca. A edición número 18 está dedicada ás bestas, reais e fantásticas.Numeroso público gozou do espectáculo "Cando chega a noite", creado por compañías Kull d'Sak e Troula que mesturou mitoloxía galega, con bailes, acrobacias e lume

Espectáculo nocturno da Feira Franca 2017
Espectáculo nocturno da Feira Franca 2017 / Mónica Patxot

Nunha máxica cerimonia celebrada este venres na praza da Ferrería os pontevedreses conxuraron a Feira Franca.

A edición número 18 está dedicada ás bestas, reais e fantásticas.

Numeroso público gozou do espectáculo "Cando chega a noite", creado por compañías Kull d'Sak e Troula que mesturou mitoloxía galega, con bailes, acrobacias e lume.

O espectáculo tiña como fío condutor a historia duns mercaderes aos que se lles fai de noite no seu camiño á Boa Vila polo que deciden descansar no bosque. Un xograr aproveita entón para contarlles unha historia…

Arquivado en