Dezasete anos cumpren este ano Troula, unha compañía de espectáculos de rúa e de gran formato que coñecen ben a actividade festiva e cultural de Pontevedra. E o público ben os coñece a eles igualmente, quen non os acompañou en Itineranta, en Feira Franca ou estas inmediatas datas de entroido na Noite Pirata?. Esta vez acompáñannos no Cara a cara.
Diego Roca é un dos catro socios fundadores, todos estudaron en Pontevedra, aínda que son oriúndos de Vigo. Tras traballar con nenos en diversas actividades, pasáronse ás animacións en BBCs, vodas, bautizos e comuñóns. E en 2002 conformaron Troula. A día de hoxe contrátanos dentro e fóra da Península. De feito esta mesma semana viaxan a Reino Unido, para participar unha vez máis no Festival Vikingo de York e antes fan un oco en PontevedraViva Radio.
Estas semanas son intensas, xa que ademais do compromiso na illa británica, tamén estarán na Arribada de Baiona, e en varios entroidos, como o de Pontevedra, onde cada ano sacan a rúa a miles de persoas na Noite Pirata, que nesta ocasión tamén terá algo innovador. Eles son Troula, eles son animación, son espectáculo, son cultura, son ... festa.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.