Mourente despide o Entroido cunha boa ración de caldo

Pontevedra
11 de marzo 2019

Os amantes dun bo caldo tiveron esta fin de semana, como cada ano por estas datas, unha cita ineludible en Mourente. O campo da festa dos Areás acolleu unha nova edición, a número 28, da Festa do Caldo Galego

Festa do Caldo de Mourente 2019 Diego Torrado

Os amantes dun bo caldo tiveron esta fin de semana, como cada ano por estas datas, unha cita ineludible en Mourente. O campo da festa dos Areás acolleu unha nova edición, a número 28, da Festa do Caldo Galego.

A organización calcula que este ano se serviron unhas 5.000 racións deste prato imprescindible da nosa gastronomía na carpa habilitada para a degustación. O caldo, ademais, tivo prezos populares: 2 euros a cunca de caldo e 5 a de cocido.

A Festa do Caldo, que por primeira vez celebrouse baixo o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia, contou coa cantante Tania Fuegho como teloneira e entre os asistentes, ademais de moitos veciños de Pontevedra, destacaron os visitantes portugueses.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora