Mourente reclama ante a Xustiza o terreo de Montecelo

Pontevedra
11 de outubro 2014

Trátase dunha reclamación moi similar ao dos comuneiros de Figueirido, Salcedo, Vilaboa e San Xulián ante o Ministerio de Defensa polos terreos ocupados pola base militar da Brilat. A comunidade de montes de Mourente reclama a titularidade do soar sobre o que se asenta o Hospital de Montecelo

Hospital Montecelo PontevedraViva

En abril deste ano os comuneiros trasladaron á Consellería de Sanidade unha proposta de acordo que evitaría a reclamación xudicial dos terreos que ocupa o Hospital de Montecelo. En vista de que non recibiron contestación ao ofrecemento de sinatura de convenio coas administracións públicas, e para dar cumprimento ao acordo da asemblea da Comunidade de Montes de Mourente de 30 de marzo de 2014, a Xunta Reitora acordou presentar reclamación administrativa previa á demanda xudicial en vía civil perante o Sergas, a Tesourería da Seguridade Social e o Concello.

As reclamacións foron presentadas o pasado día 25 de setembro.

As administracións emprazadas dispoñen de tres meses para responder antes de dar comenzo o procedemento xudicial, ainda que poden pedir unha prórroga doutros tres meses, que normalmente se concede.

En todo caso, o inicio deste procedemento non esgota a posibilidade de negociación.

Tal e como se recolle na súa denuncia trátase dunha reclamación moi similar ao dos comuneiros de Figueirido, Salcedo, Vilaboa e San Xulián ante o Ministerio de Defensa polos terreos ocupados pola base militar da Brilat. A comunidade de montes de Mourente reclama a titularidade do soar sobre o que se asenta o Hospital de Montecelo.

O acordo proposto polos comuneiros plantexaba a cambio de que la administración recoñecera a Mourente a titularidade dos terrenos, que se asinaría un convenio de cesión gratuíto e indefinido mentres éstes sexan empregados para un uso sanitario público.

Sanidade manifestou a imposibilidad de asinar este acordo, por ser a Seguridade Social a propietaria formal dos terreos, cuestión que non chegou a aclarar.

Cansos de esperar os comuneiros acuden agora ante a xustiza para que resolva de quen son os terreos de Montecelo.