Mourente recuperará o cruceiro do adro da igrexa que derrubou un coche

Pontevedra
09 de outubro 2019

Os traballos de reposición do cruceiro do adro da igrexa de Mourente, que foi derrubado no seu día por un coche, comezarán o próximo luns. O edil de Patrimonio, Xaquín Moreda, explicou que o cruceiro quedara danado e foi reparado con cargo á compañía aseguradora do coche que provocou o accidente

Cruceiro de Mourente que será restaurado Concello de Pontevedra

Os traballos de reposición do cruceiro do adro da igrexa de Mourente, que foi derrubado no seu día por un coche, comezarán o próximo luns.

O edil de Patrimonio, Xaquín Moreda, explicou que o cruceiro quedara danado e foi reparado con cargo á compañía aseguradora do coche que provocou o accidente.

O cruceiro de Mourente recuperará a rasante orixinaria, isto é, os tres chanzos da base do mesmo. Na actualidade, o primeiro dos tres chanzos da base que orixinalmente sostiñan o fuste do cruceiro permanece enterrado pola capa de asfalto do adro da igrexa.

Ademais a intervención irá acompañada dun mínimo desprazamento do cruceiro, arredor de 50 centímetros, para evitar que volva ser derrubado, tal e como solicitaron os veciños.

Estas actuacións foron autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.