Sorprenden dous mozos con haxix e marihuana na praia fluvial de Ponte Sampaio e investíganos por tráfico de drogas

Pontevedra
28 de xaneiro 2025
Actualizado: 14:48

Os investigados, de 24 e 17 anos, teñen antecedentes policiais por feitos similares. Detectounos unha patrulla da Garda Civil de Soutomaior que acudiu á zona para comprobar uns datos

Droga intervenida aos investigados en Ponte Sampaio
Droga intervenida aos investigados en Ponte Sampaio / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil investiga dous mozos de 17 e 25 anos por un presunto delito de tráfico de drogas tras detectalos en posesión de haxix e marihuana na praia fluvial de Ponte Sampaio, en Pontevedra.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, unha patrulla do posto de Soutomaior acudiu a esta praia fluvial o pasado mércores 22 de xaneiro realizando labores de seguridade cidadá, ao obxecto de comprobar uns datos.

Unha vez alí, detectaron un vehículo ocupado por dúas persoas nunha actitude "claramente sospeitosa", polo que procederon a identificalos e a rexistrar o vehículo.

No caso do condutor localizaron un envoltorio con 153 gramos de cogollos de marihuana e ao outro ocupante do vehículo atopáronlle dous envoltorios con 108 gramos de haxix, ademais de varios envoltorios baleiros dispostos para conter doses desta sustancia e a súa posterior distribución.

Os axentes procederon á intervención das sustancias estupefacientes e a comunicar a estas dúas persoas que están investigadas como presuntas autoras dun suposto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Ámbolos investigados posúen antecedentes policiais por feitos similares.

O caso xudicializouse no Xulgado de Garda de Pontevedra, onde acudirán os investigados cando sexan requiridos para iso.