Mulleres en Igualdade de Poio e a Garda Civil, premian aos nenos cun diploma polo seu bo comportamento

Pontevedra
26 de abril 2020

Fai unha semana, lanzaron unha campaña de envío de diplomas para os nenos e nenas que colaboraron nas súas casas. Xa realizaron máis de 200 envíos e durante os próximos días seguirán reenviando a aqueles que aínda non o solicitaron

Diploma especial 'Quédate en casa'
Diploma especial 'Quédate en casa'

Mulleres en Igualdade de Poio, xunto coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, queren premiar a todos os nenos e nenas que foron partícipes e axudaron a superar o primeiro estado de alarma ocasionado polo COVID-19.

"Sabemos que sen a súa axuda isto non sería posible. Quedáronse na casa, axudaron aos seus maiores da mellor maneira posible, foron moi pacientes, fixeron as tarefas aínda sendo circunstancias non habituais e unha chea de cousas máis que merecen ser recoñecidos", sinalan desde Mulleres en Igualdade.

Por iso, quixeron plasmar esta etapa e premialos cun recordo que recoñeza a súa colaboración. Para iso, hai unha semana lanzaron unha campaña de envío de diplomas para os nenos e nenas que colaboraron nas súas casas.

Desde a Asociación, senten "gratificadas ao recibir tantas demandas e mostras de agradecemento por parte dos pequenos e as súas familias".

Xa realizaron máis de 200 envíos e durante os próximos días seguirán reenviando a aqueles que aínda non o teñen. Para solicitalo, hai que enviar un correo electrónico a [email protected], poner o nome e apelidos do campión ou campioa de entre 2 e 12 anos.