Multan un matrimonio de Ourense que viña "de vacacións" a Poio

Poio
06 de abril 2020

Segundo informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado sábado no transcurso dun control de tráfico. Os denunciados son unha parella de avanzada idade que ía camiño á súa segunda residencia, situada en Poio

Control policial en Poio
Control policial en Poio / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio denunciou un matrimonio de Ourense que viña "de vacacións" por Semana Santa.

Segundo informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado sábado no transcurso dun control de tráfico. Os denunciados son unha parella de avanzada idade que ía camiño á súa segunda residencia, situada en Poio.

Ambos ían sentados nos asentos dianteiros polo que a infracción é dobre, por desprazarse de maneira irregular e infrinxir as restricións de movemento decretadas polo Goberno.

Durante estes días os axentes municipais están a despregar un operativo especial no municipio, con presenza destacada nalgúns puntos estratéxicos como a ponte da Barca ou o variante norte que desemboca na Seca e preto de Combarro.

A Policía Local de Poio tamén está a realizar unha maior vixilancia de espazos públicos, praias e parques, lugares que permanecen pechados desde mediados do pasado mes de marzo e reforzouse a presenza policial naqueles núcleos e zonas do municipio onde existen un maior número de segundas vivendas.