Na busca dos próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra

Pontevedra
04 de decembro 2017

Un ano máis, Pontevedra busca persoas físicas e xurídicas que merezan seren recoñecidos pola súa vinculación coa Boa Vila ou por un traballo que teña unha especial proxección cara a cidade e os seus habitantes. Serán os próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra

Premios Cidade de Pontevedra 2016
Premios Cidade de Pontevedra 2016 / Mónica Patxot

Un ano máis, Pontevedra busca persoas físicas e xurídicas que merezan seren recoñecidos pola súa vinculación coa Boa Vila ou por un traballo que teña unha especial proxección cara a cidade e os seus habitantes. Serán os próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra.

A partir deste martes 5 de decembro ábrese o prazo para a presentación de candidaturas. As propostas, que deben ir acompañadas dunha memoria xustificativa que explique os méritos do designado. Poderanse presentar ata o 5 de xaneiro.

Os Cidade de Pontevedra volverán a premiar dúas modalidades: persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano,

Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da cidade de Pontevedra.

Os últimos gañadores dos Cidade de Pontevedra foron a activista social Ángela Paz e o Colegio de Avogados de Pontevedra.