Na Casa da Luz o galego 'prende no colo'

Pontevedra
22 de outubro 2016

O programa municipal Apego, que ten como obxectivo recuperar o galego como lingua de relación familiar, iniciou este sábado unha nova quenda de actividades co taller 'prende no colo' celebrado na Casa da Luz

'Prende no colo' de Apego na Casa da Luz PontevedraViva

O programa Apego, que busca recuperar o galego como lingua de relación familiar, iniciou este sábado un calendario de actividades programadas que se prolongará durante o mes de novembro.

A Casa da Luz acolleu o obradoiro 'Prende no colo', a cargo de Luís Prego e Samuel Soto, que terá un segundo pase o vindeiro xoves 24 de outubro.

As familias participantes, con nenos de 0 a 3 anos, puideron aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos que logo poderán repetir nos seus fogares.

Apego continuará a súa programación o xoves 27 de outubro, tamén na Casa da Luz, con 'Percorre a cidade e atopa a lingua, ruta urbana con Roberto Rivas', de 17:00 a 18:30 horas.