Na Noitevella, festa rachada en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
01 de xaneiro 2018

Ponte Caldelas foi un auténtico fervedoiro de xente durante esta pasada Noitevella. Centos de veciños de toda a comarca participaron na festa organizada polo Concello na Praza de España para dar a benvida ao ano 2018

Orquestra Miramar na Noitevella de Ponte Caldelas
Orquestra Miramar na Noitevella de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas foi un auténtico fervedoiro de xente durante esta pasada Noitevella. Centos de veciños de toda a comarca participaron na festa organizada polo Concello na Praza de España para dar a benvida ao ano 2018.

A carpa, duns 500 metros cadrados, encheuse para celebrar o cambio de ano.

O Concello contratou á orquestra Miramar que fixo un pase maratoniano ata ben entrada a madrugada e garantiu un magnífico ambiente do que todos os presentes gozaron ao máximo. 

As boas condicións meteorolóxicas da noite, permitiron abrir ocos laterais na carpa para que parte do público puidera seguir a actuación dende o exterior.

Tras o éxito da festa, por terceiro ano consecutivo e con novo emprazamento, o goberno municipal  xa confirmou que celebrarase no sucesivo na Praza de España.