O Nadal e máis de mil metros de luces led xa aluman Caldas

Umia
30 de novembro 2024
Actualizado: 05 de decembro

O municipio deu a benvida ás festas cun espectacular acendido de luces que incluíu música en directo coa actuación da Mecánica Rolling Band e efectos especiais

Inauguración da iluminación de Nadal en Caldas 2024 Concello de Caldas

Xa é Nadal en Caldas. Este sábado 30 de novembro, o municipio deu a bievenida a máis dun mes de festas con música e moitas luces.

A iluminación oficial do Concello está composta este 2024 por 540.858 loces micro led, distribuídas en 67 arcos e 148 elementos decorativos por toda a vila.

A partir das 20.00 horas, empezou a iluminar o municpio con 1.161 metros cadrados de luces que permanecerán acendidas até o 6 de xaneiro en horario de 18:00 a 02:00 horas. En Noiteboa e Noitevella, haberá horario ampliado.

Antes de que a iluminación cegase aos presentes, unha gran festa quentou motores coa música en directo na Praza das Palmeiras da Mecánica Rolling Band, unha electrocharanga de Negreira.

Escenario móbil e efectos especiais animaron a espera, na que cobrou protagonismo e chegou a coller o micro o tenente de alcalde, Manuel Fariña.

A festa incluíu chocolatada e rosca para todos os presentes.