Nasa, aquí Sanxenxo, me escoitas?

Sanxenxo
27 de outubro 2014

O martes 28 de outubro de 2014, no IES Sanxenxo, os alumnos de primeiro da ESO participarán nunha videoconferencia con Fernando Abilleira, enxeñeiro aeroespacial da NASA e con raíces familiares neste concello

Fernando Abilleira, enxeñeiro aeroespacial da NASA
Fernando Abilleira, enxeñeiro aeroespacial da NASA / NASA

O martes 28 de outubro de 2014, no IES Sanxenxo, os alumnos de primeiro da ESO participarán nunha videoconferencia con Fernando Abilleira, enxeñeiro aeroespacial da NASA e con raíces familiares neste concello.

Fernando Abilleira, que traballou en misións relacionadas coa posta en órbita de diferentes observatorios espaciais, como o Hubble, e que leva máis de 10 anos traballando para a oficina do Programa de Exploración de Marte da NASA, foi un dos responsables de conseguir que o vehículo robotizado Curiosity aterrara con éxito no planeta Marte fai agora dous anos.

Os alumnos do IES Sanxenxo poderán preguntarlle a Fernando, en directo dende o Control de Misión no Jet Propulsion Laboratory en Pasadena, California, sobre cuestións como a posible existencia de vida en Marte, os retos espaciais que se pretenden co próximo aterrizador marciano (InSight) previsto para o 2016 e do que Fernando é o manager de diseño de misión, a posibilidade de que se realicen viaxes tripuladas ó planeta veciño, e todas aquelas cuestións que poidan xurdir da imaxinación dos estudantes.

Quen sabe se algún deles se contaxiará do entusiasmo de Fernando e nos próximos anos teremos algún outro enxeñeiro aeroespacial ou algún astronauta na comarca.