Longas colas para asistir á conferencia do enxeñeiro da NASA, Fernando Abilleira

Pontevedra
09 de agosto 2019

O actual director de Deseño de Misión e Navegación do proxecto  Mars 2020 encheu o aforo coma se tratásese dunha estrela do rock

Conferencia do enxeñeiro da NASA, Fernando Abilleira
Conferencia do enxeñeiro da NASA, Fernando Abilleira / Mónica Patxot

Case unha hora antes de que o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira pronunciase a súa conferencia centos de persoas facían cola ante o Teatro Principal.

O actual director de Deseño de Misión e Navegación do proxecto Mars 2020 encheu o aforo coma se tratásese dunha estrela do rock.

Os asistentes puideron coñecer os detalles da misión InSight para estudar en profundidade o interior do planeta Marte, e da que Abilleira foi o subdirector de Operacións de Voo do vehículo que aterrou no planeta vermello.

Igualmente desvelou algunhas novidades sobre a misión Mars 2020 que buscará evidencias de vida  microscópica. Para conseguir esas mostras enviarase un robot a Marte, e mediante navegación óptica dirixirase a un cráter onde se pensa que había unha desembocadura dun río e onde poida que exista material orgánico.

Fernando Abilleira tamén puxo exemplos de como o investimento nestes proxectos científicos axudan a mellorar o noso día a día, demostrando que o diñeiro investido no espazo repercute positivamente na Terra.