O pontevedrés Fernando Abilleira foi un dos responsables da última 'Misión a Marte' impulsada pola NASA, o lanzamento e aterraxe do robot Mars 2020 Perseverance sobre o planeta vermello. Meses despois dese fito, a moeda conmemorativa xa está na cidade.
Foi o propio Abilleira, enxeñeiro aeroespacial para a axencia estadounidense, o que quixo agradecer así o apoio o interese de toda a cidade nesta aventura especial.
"Galicia tamén está en Marte", destaca o enxeñeiro na carta que remitiu ao alcalde acompañando á moeda.
A intención do Concello é que Fernando Abilleira poida regresar pronto á cidade e manter outro encontro coa cidadanía para explicar a misión a Marte na que participou.