A sociedade municipal Nauta Sanxenxo ven de licitar a mellora do acceso ao porto pesqueiro de Sanxenxo por 190.750 euros e un prazo de execución de 45 días.
O prazo para a presentación de ofertas remata o 26 de febreiro ás 14 horas.
A actuación que será financiada con cargo aos fondos propios da sociedade municipal Nauta Sanxenxo consistirá na retirada do pavimento existente, dispondo dun novo firme máis duradeiro.
Tamén se contempla a colocación de bolardos móbiles e fixos ao longo do trazado e a instalación dun sistema de control de accesos para reducir o acceso de vehículos e garantir a seguridade dos peóns.

Os traballos consistirán na retirada do pavimento existente desde a glorieta de acceso ao porto até a entrada ao espazo destinado á pesca marítima e a colocación dun novo firme de formigón con anchos variables entre os 6 metros e os 5,75 metros.
Tamén está prevista a colocación de bolardos móbiles e fixos ao longo do trazado, así como un control telescópico, semáforos e lector de cartóns e matrículas.
O acceso á zona portuaria estará garantido durante as obras a través dun itinerario alternativo polo viario do espigón que rodea o porto.
As obras prevese que poidan estar executadas para Semana Santa.