Despois de máis de seis meses de xira por Europa, a impresionante Nave Santa María recala esta semana no porto de Bueu.
Será a primeira vez que a vila bueusa reciba a esta emblemática embarcación.
Esta réplica exacta do histórico navío que protagonizou o descubrimento de América permite subir a bordo para revivir a aventura que cambiou a historia.
As persoas interesadas poderán percorrer as súas cubertas, coñecer como vivían os mariñeiros do século XV e descubrir os segredos dunha travesía que marcou un antes e un despois.
Será do 30 de outubro ao 2 de novembro no porto de Bueu, en horario continuado de 10:00 a 19:00 horas.
Tras visitar portos de Francia, Inglaterra, Alemaña e Holanda, Bueu será unha das primeiras paradas españolas no seu regreso ao país.
Iso si, subir ao barco non será gratis, as entradas véndense a un prezo de 7 euros os adultos e aos nenos (5 a 10 anos) cobraranlles 4 euros.