Nunha fin de semana de regatas en Sanxenxo, con boa parte da atención estaba centrada nas evolucións do rei emérito, a máis divertida de todas, sen discusión, foi este domingo 30 de xullo o Campionato Mundial de 'Colchonetas'.
A décimo terceira edición do evento organizado pola asociación Lúdica e Cultural 'O Cubreiro' reuniu a un importante número de participantes e aínda máis persoas na beira seguindo as súas evolucións.
Este particular e colorido 'Mundial' só tiña un requisito, ter ganas de pasalo ben, e con esa máxima os bos momentos estaban asegurados.
Nin o 'Bribón' do ex-monarca podía competir cos sorrisos e bo humor que destilaban cada un dos participantes, a cada cal cun colchón máis divertido e o difraz máis orixinal.
Unha cita imperdible cada verán na praia da Panadeira e que, como todos os anos, deixou un gran sabor de boca.