Por segundo ano consecutivo, a covid-19 impedirá que se poida celebrar a Pontevedrada. A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago pola doazón de sangue, órganos e tecidos foi suspendida, segundo anunciaron os seus organizadores.
Nun comunicado, sinalaron que debido á situación actual da pandemia, en plena fase de propagación da terceira onda, "vémonos na obrigación de suspendela".
"Se seguimos os protocolos establecidos, coidamos da nosa saúde e da dos demais, poderemos pasar esta emerxencia sanitaria da mellor forma posible", recomendan os responsables desta marcha solidaria.
O presidente da Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo), Francisco Pérez-Mirás, asegura que a actual situación sanitaria fai "inviable" que se poida celebrar este evento solidario, o máis rechamante de todos os que organiza esta asociación para o fomento da doazón universal.
"Ayer cuando redacté el comunicado se me encogió el estómago porque es una tristeza", comentou Fran Pérez-Mirás sobre o "palo" que para Asampo supón suspender a Pontevedrada.
Pérez-Mirás explicou o difícil que resultou emocionalmente tomar esta decisión xa que a Pontevedrada "lleva meses de mucho trabajo previo". Por exemplo,"nuestros dorsales son totalmente artesanos", xa que cada camiñante leva o seu "en madera pirograbada y personalizado" con madeira que recolleron "en la luna de octubre".
Outras circunstancias que levaron á cancelación da Pontevedrada son que esta marcha solidaria atravesa sete municipios polo que "tienes que pedir permisos de ocupación" e a central do 112 tamén activa unha alerta para estar pendente desta actividade durante 24 horas.
"No es todo covid, siguen haciendo falta órganos, sigue haciendo falta sangre y creemos que nosotros estamos haciendo una buena labor. Pero está claro que si no podemos ofrecer seguridad lo mejor es parar", admitiu.
A pasada edición da Pontevedrada, que habitualmente se celebra a finais de abril, tamén foi anulada pola covid-19. Foi nos primeiros compases dunha pandemia que segue condicionándoo todo.
Nun principio, reprogramouse para outubro pero esta nova data tampouco foi posible, xa que as condicións sanitarias naquel momento así o establecían.
Nesta ocasión, segundo indicou Fran Pérez-Mirás "para no tener claro que íbamos a salir la decisión es esa, suspenderla".
Pero Asampo non descansa e seguirán coas súas mesas informativas ou coa "bolsa dos desexos" e xa prepara unha nova iniciativa da que, por agora prefiren non desvelar nada xa que aínda "hay que limar algunos flecos".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.