Este luns comezaban a chegar os primeiros feirantes a Pontevedra con motivo das Festas da Peregrina, quedarán comezo o sábado. As atraccións abrirán ao público un día antes.
Debido ao movemento que está a haber esta semana nas avenidas de Montero Ríos, Reina Vitoria e Alameda, preguntámonos como é a vida do feirante, e foron varios os que compartiron as súas vivencias con PontevedraViva.
Son moitas as xeracións que ano tras ano están a asistir ás feiras de Galicia e de toda España, onde algúns postos levan máis de 60 anos ofrecendo diversión aos máis pequenos e non tan pequenos. Tanto avós como pais, fillos, e probablemente os fillos dos seus fillos dedíquense a esta vida que parece de diversión, pero que no fondo é unha vida dura, segundo comentaba un dos feirantes: "mi padre me dio dos opciones, o feria, o estudios, y ahora que soy padre de dos hijos me arrepiento, porque si hubiera estudiado les habría dado mejor calidad de vida".
"Yo no les recomiendo esta vida a mis hijos, prefiero que estudien", pero ao final a vida do feirante é un estilo de vida e "se crían aquí, les gusta y se quedan con esto", concluíu mentres traballan na montaxe das atraccións que estarán ata o fin das festas.
Aínda que pareza que este traballo é só pola noite, tardan ao redor dunha semana en montar as atraccións para que a xente gozar. Chova, faga frío, ou faga calor, teñen que ter todo preparado para o comezo das festas, xa que cada día que pasa, suponlles perder diñeiro.
A poucos metros do primeiro, outro feirante comentaba que "esto es una moneda al aire, puede salirte bien o salirte mal", e este ano, polo que explica, está a saír mal, "hay pocos veraneantes, en las ferias de Galicia se ha notado mucho". Todo iso debido ao mal tempo deste verán, factor crave para estes traballadores que ven nos días nubrados a oportunidade para atraer máis xente. "Si llueve trabajamos poco, si está nublado es bueno porque si hace mucho calor la gente se va a la playa", dicía un terceiro.
Ademais do mal tempo, outro dos factores que supón unha baixa participación de asistentes é o alto prezo das atraccións, que este ano será de entre 3,50 e 4 euros para as atraccións de adultos, e a partir de 3 euros as dos máis pequenos, segundo pódese ver nos carteis que están instalados no recinto da Alameda.
Os feirantes xustifican o prezo elevado en que eles teñen a mesma cota de aluguer xa que teñen o concurso adxudicado por catro anos pero "segue sendo caro, é unha reivindicación que levamos de toda a vida". Ao final é unha carioca que se morde a cola, "cada año es peor, se paga más y viene menos gente". Algúns aumentan o prezo das atraccións, polo que vai menos xente.
Esta é a vida do feirante de fronte ao público, pero detrás hai moito sacrificio. Non teñen unha casa estable, dedícanse a viaxar durante todo o ano e moitos, en Pontevedra, quedarán a vivir na parcela municipal de Mollabao. Entre os que quedan, as queixas son polas múltiples fochancas do terreo, outros elixen outras localizacións.