Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP, presentou unha petición no rexistro do Concello para que o goberno local explique o plan para eliminar os roedores da cidade.
Os populares afirman que desde que fixeron pública a súa preocupación sobre este tema "non deixan de chegarnos vídeos e mensaxes de todas as partes de Pontevedra denunciando a presenza de ratas". Domínguez entende que algo falla no plan de desratización que se leva a cabo na cidade e quere coñecer as datas en que se executa. Afirma que algúns hostaleiros mostráronlle imaxes que demostran a presenza dos roedores e mesmo aseguran que tiveron que acudir a unha empresa privada para controlar as pragas.
O portavoz do PP entende que a acumulación de lixo é a que está a derivar en problemas de saúde pública. Lembra que o PSOE alertou sobre esta situación meses atrás. Por este motivo pregunta con acerto Fernández, líder do socio de goberno, cal é a postura do PSOE sobre este asunto agora. "É sabido que ultimamente os socialistas de Pontevedra cambian de opinión como de camiseta", alega Rafa Domínguez.
O PP segue a reclamar a recollida de lixo porta a porta, eliminando os contedores e o incremento da recollida nas parroquias un día máis á semana.