Nodosa bota un palangreiro

Pontevedra
14 de febreiro 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde á botadura do palangreiro CFL Hunter, encargado pola armadora Consolidated Fisheries 

Botadura dun buque palangreiro no porto de Marín
Botadura dun buque palangreiro no porto de Marín

O Porto de Marín acolleu este martes a botadura do palangreiro CFL Hunter, un encargo realizado ao estaleiro Nodosa pola armadora Consolidated Fisheries (CFL) e que levará bandeira das illas Malvinas.

Durante o acto, o conselleiro de industria, Francisco Conde, destacou que este proxecto exemplifica o labor que está a facer o sector naval en Galicia para adaptarse ás novas necesidades do mercado e diversificar as súas oportunidades de negocio, unha visión que contribúe a que Galicia acadase preto do 40% dos contratos asinados a nivel estatal.

A construción do novo buque enmárcase na liña que confirma que a pesca é un piar estratéxico do crecemento do sector naval galego.