O estaleiro de Praceres e Nodosa atópanse a pleno rendemento

Pontevedra
15 de outubro 2017

Este mércores día 18 de outubro o estaleiro Nodosa entregará o "Monte Ferro", un pesqueiro con destino ás Malvinas, e a pasada semana botou o "A Alonso", un remolcador destinado ao porto de Marín

Visita ao buque atuneiro Jane IV
Visita ao buque atuneiro Jane IV / Mónica Patxot

Este mércores día 18 de outubro o estaleiro Nodosa entregará o "Monte Ferro", un pesqueiro con destino ás Malvinas, e a pasada semana botou o "A Alonso", un remolcador destinado ao porto de Marín que é o sexto buque da frota coa que conta a compañía Amar Marín e que leva o nome do seu fundador Antonio Alonso.

Pero ademais, segundo informou o xerente de Nodosa, Rafael Outeiral, a empresa mantén unha carga de traballo para os dous próximos anos, con dous buques contratados e en proceso de deseño, outros catro actualmente en construción e dúas reparacións.

Neste último caso están a traballar na ampliación en 9 metros da eslora do arrastreiro o "Santo do Mar", un cefalopodeiro fabricado en 2004. Por outra banda, traballan no "Xuxo", un palangreiro do ano 2005 que gañará capacidade ao aumentar tres metros ata chegar aos 33 metros de eslora.

Actualmente Nodosa ten a 400 persoas traballando. Noutro capítulo sitúase a posibilidade de facerse con varios concursos públicos aos que está a concorrer.

ASTILLEROS PRACERES

Tamén a carga de traballo é importante nos Astilleros Praceres centrados na renovación dos pesqueiros galegos.

Nas bancadas de Praceres se encuenta o buque arrastreiro "Vila Nores", pendente de ser ampliada a súa eslora en 16 metros. Co mesmo encargo están os buques "Vila de Pitanxo" e o "Iván Nores".