O Porto de Marín vestiuse este mércores de gala para asistir á botadura do 'Moustakbal 2', a draga de maior envergadura das fabricadas ata o momento en España.
O buque, contruído íntegramente nas instalacións de Nodosa, supón a construción número 278 do estaleiro, sendo a cuarta embarcación destas carácterísticas e a primeira internacional, pois a empresa armadora é a marroquí Drapor e a súa base estará en Casablanca, unha oportunidade, para o director comercial da firma marinense José Ramón Regueira, de "demostrar nuestra capacidad y experiencia".
De feito os representantes da empresa armadora, que compareceron acompañados dun delegado do goberno de Marrocos, anunciaron que Nodosa construirá unha nova draga, garantindo carga de traballo en Marín.
Pola súa banda o director financeiro do estaleiro, Rafael Outeiral, explicou as características do buque, de 1.500 metros cúbicos de capacidade e coa singularidade de contar co casco partido para poder realizar todo tipo de traballos con area.
O novo encargo de Drapor a Nodosa, segundo Outeiral, "sería incluso maior, de 2.500 metros cúbicos", aínda que asegura que "de momento non hai nada pechado, aínda que estamos falando".
En todo caso, a botadura trátase de "un espaldarazo á aposta que fixemos neste sector, a do dragado", segundo defendeu o director financeiro.