Noite de "calma tensa" en Santa Cristina de Cobres por un incendio que suma 50 hectáreas queimadas

Vilaboa
22 de agosto 2025
Actualizado: 9:45

Os núcleos de Vilar e Paradellas viron o lume a escasos metros. Preto da medianoite, a situación deuse por "controlada", pero os veciños seguiron en alerta: "isto non é unha ciencia exacta"

Incendio en Santa Cristina de Cobres
Incendio en Santa Cristina de Cobres / Mónica Patxot

"Agora mesmo, é unha calma tensa", recoñecía sobre as 23.00 horas o alcalde de Vilaboa, César Poza, resumindo a situación que compartiron durante toda a noite os veciños dos núcleos de Vilar e Paradellas.

Tras pasar toda a tarde e a noite na zona afectada polo incendio iniciado ás 16.37 horas en Santa Cristina de Cobres, a esa hora consideraba que a situación se daba por "controlada" na contorna das casas, pero había que seguir en alerta.

Segundo o parte oficial da Consellería do Medio Rural, ata as 9.00 horas da mañá deste venres, o lume arrasou unha superficie de ao redor de 50 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse de maneira acumulada, ata as 9 da mañá, 3 técnicos, 10 axentes, 19 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 4 helicópteros e 8 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O lume ameazou primeiro o núcleo de casas do lugar de Vilar, obrigando a Medio Rural a declarar a situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ás vivendas e activando os protocolos de protección á ciudadania. Logo, co avance da tarde, achegaríase tamén a varias vivendas de Paradellas.

En total, segundo o 112 Galicia, este lume obrigou ao desaloxo de catro casas e 14 persoas en Paradellas, veciños e veciñas de catro chalés que se viron asesiados polo lume durante varias horas, coas chamas a escasos metros, e de varias vivendas situadas pobo debaixo.

Incendio en Santa Cristina de Cobres
Incendio en Santa Cristina de CobresMónica Patxot

O incendio supuxo un amplo despregamento de medios de extincion tanto terrestres como aéreos. Primeiro despregáronse en Vilar e, cando o lume se achegou a Paradellas, os primeiros en chegar foron os veciños. Logo foron despregándose efectivos de Protección Civil de Pontevedra e Moaña e finalmente os bombeiros de Pontevedra e Ou Morrazo e os axentes forestais e bombeiros da Xunta.

A ameaza, segundo César Poza, reduciuse "grazas aos veciños que estiveron aí traballando e púidose controlar". En todo caso, aínda que preto da medianoite falaba de control, tamén insistía en que "isto non é unha ciencia exacta, por desgraza".

En declaracións a PontevedraViva en Paradellas, Poza xa avisaba: "no momento en que un cambio de vento levante máis aire, podemos estar nunha situación complicada, porque non deixamos de ter unha contorna de núcleos preto".

Os veciños e veciñas foron desaloxados por precaución e, dado que durante toda a tarde estivo cortado a subministración eléctrica, Protección Civil e o Concello puxéronse en contacto con toda a poboación que podería estar nunha situación complicada para ofrecer axuda. É o caso, por exemplo, dunha persoa maior que precisa un respirador eléctrico, á que ofreceron baterías e colaboración.

César Poza, alcalde de Vilaboa, en el incendio en Santa Cristina de Cobres
César Poza, alcalde de Vilaboa, no incendio en Santa Cristina de CobresMónica Patxot

A luz cortouse para as tarefas de extinción mentres estiveron a traballar os medios aéreos. Unha vez que chegou a noite e os helicópteros e hidroavións tiveron que abandonar os traballos, recuperouse o sumnistro.

Xabier foi un dos veciños que axudou a salvar o núcelo de Paradellas. Vive a uns 800 metros do lugar no que o lume se achegou a catro chalés e ao sete da tarde acudiu con varios veciños e non dubidou en penetrarse no monte para salvar as casas.

Colleron auga da piscina dunha vivenda que estaba buxán neses momentos ata que a bomba quedou sen gasolina e, unha vez controlado o lume, foron buscar combustible para seguir traballando e mollar a contorna coa esperanza de "a ver si queda controlado".

O vento axudoulles, pois sopraba en sentido contrario ás casas e metía o lume na zona forestal. Como o alcalde, tamén os veciños temían un cambio de vento que provocase "un problema serio".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora