Nomeado o novo goberno no Concello de Cuntis

Umia
23 de xuño 2023

Manuel Campos e Conchy Campos repartiranse a área de Facenda, Persoal, Urbanismo, Contratación, Medio Rural, Seguridade Cidadá, Emerxencias e Promoción Económica e Emprego; a de Cultura, Deporte e Educación pasa a mans de José Antonio González Fontán; Servizos Sociais, Igualdade, Xustiza e Sanidade é para Ana Isabel Loureiro Fuentes; e a de Turismo, Patrimonio e Medio Ambiente para o novo concelleiro Roberto Caeiro Duarte   

Novo goberno no Concello de Cuntis Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, procedeu este venres ao nomeamento das áreas do Goberno Local. Estas catro serán a de Facenda, Persoal, Urbanismo, Contratación, Medio Rural, Seguridade Cidadá, Emerxencias e Promoción Económica e Emprego; Cultura, Deporte e Educación; Servizos Sociais, Igualdade, Xustiza e Sanidade; e Turismo, Patrimonio e Medio Ambiente.

O alcalde Manuel Campos e a primeira tenente de alcalde, Conchy Campos, repartiranse as áreas de Facenda, Persoal, Urbanismo, Contratación, Medio Rural, Seguridade Cidadá, Emerxencias e Promoción Económica e Emprego. Campos será outra lexislatura e a principal responsable do goberno despois do alcalde e ostentara a representación do concello no Consello Escolar Municipal.

Por outra banda, as áreas de Cultura, Deporte e Educación pasan a mans de José Antonio González Fontán que se incorpora ao goberno local nesta lexislatura, e que compartirá co tenente de alcalde a área de deportes.

A concelleira da área de Servizos Sociais, Igualdade, Xustiza e Sanidade será Ana Isabel Loureiro Fuentes, que xa o viña facendo na anterior lexislatura e que é unha das áreas máis importantes do Concello.

O novo concelleiro Roberto Caeiro Duarte asumirá a área de Turismo, Patrimonio e Medio Ambiente, e a xestión das actividades da Biblioteca Pública municipal. Caeiro tamén será o novo portavoz do Grupo municipal do PSOE e voceiro do Goberno.

No Pleno de organización tamén se aprobou a organización das diferentes comisións informativas e dunha única dedicación exclusiva ao alcalde, que terá unha retribución bruta anual de 35.893,76, así como, as asistencias a plenos dos concelleiros que serán igual que na pasada lexislatura. Contando cunha retribución de 60 euros na comisión de goberno, 50 euros asistencia a plenos e 30 euros asistencia a comisións.

Ao mesmo tempo aprobaron a delegación de membros en órganos colexiados; acordaron delegar parte das competencias do mesmo na comisión de goberno para axilizar moito máis os trámites e non ter que pasar por pleno moitos trámites; e, a petición do BNG incluirán en tódolos plenos ordinarios na dotación de conta un punto específico sobre as xuntas de goberno.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora