Nova imaxe para a rotonda de Pazos de Borela con plantas e ornamentación

Cerdedo Cotobade
10 de agosto 2021

Estes traballos consistiron na colocación de varias plantas decorativas sobre unha base de pedra branca e casca de piñeiro. A rotonda atópase na estrada entre Carballedo e Bora no concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade revisa a actuación na rotonda de Pazos de Borela
O alcalde de Cerdedo-Cotobade revisa a actuación na rotonda de Pazos de Borela

Os operarios municipais de Cerdedo-Cotobade procederon nos últimos días a ornamentar a rotonda de Pazos de Borela.

Estes traballos consistiron na colocación de varias plantas decorativas sobre unha base de pedra branca e casca de piñeiro.

Esta tarefa encádrase dentro dun operativo maior que pretende dar un mellor aspecto á nova fisionomía dos espazos de convivencia veciñal e de uso público nos núcleos rurais.

Neste caso a actuación centrouse na rotonda de Pazos de Borela, na estrada entre Carballedo e Bora e que conta tamén cunha senda peonil construída pola Xunta de Galicia.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, achegábase a coñecer o resultado final da actuación sobre a rotonda.