Nova inxección de 7.000 euros para reforzar a oficina de turismo de Soutomaior

Soutomaior
15 de xullo 2026

Esta axuda permite financiar a contratación de persoal para a atención turística, un servizo considerado fundamental, especialmente durante a tempada estival

Oficina de turismo de Soutomaior
Oficina de turismo de Soutomaior / Concello de Soutomaior

Soutomaior volve reforzar este añ ou a atención aos visitantes grazas a unha nova achega económica procedente da Deputación de Pontevedra.

O municipio recibiu, por terceiro ano consecutivo, unha subvención de 7.000 euros destinada a financiar os gastos da prestación do servizo de información e atención ao público na súa oficina de turismo.

A axuda permitirá sufragar a contratación de persoal para a atención turística a través deste servizo, integrado na rede provincial Info Rías Baixas.

Desde o Concello destacan que esta continuidade no financiamento contribúe a consolidar un servizo de atención turística de calidade que favorece a promoción do municipio como destino.

A concelleira de Cultura e Turismo, Silvia Cernadas, sinalou que esta achega "permítenos contar con recursos para ofrecer un servizo profesional e próximo, fundamental especialmente nos meses de maior afluencia turística".

"A información e a atención ao visitante son a primeira imaxe que moitas persoas reciben do noso concello", sinalou a edil.

Ademais, incidiu en que o feito de repetir esta axuda por terceiro ano consecutivo é mostra do traballo realizado desde a integración na rede Info Rías Baixas, á vez que reforza a estratexia municipal de promoción turística.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora