A nova rotonda da avenida de Ourense obriga a reorganizar o tráfico

Marín
15 de xuño 2025

A obra contempla tamén o ensanche da beirarrúa, a regulación dos semáforos existentes e a renovación dalgúns cruzamentos de abastecemento e saneamento que estaban en mal estado

Avenida de Ourense en Marín
Avenida de Ourense en Marín / PontevedraViva

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, xunto aos concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, reuníronse co xefe da Policía Local, Benigno Area, e o enxeñeiro municipal, Joaquín Bermúdez, reuníronse esta semana para estudar e planificar os fluxos de tráfico que xerará a nova rotonda da avenida de Ourense.

A obra non só contempla a creación da glorieta á altura do cruzamento coa rúa Vidal Pazos para unha regulación máis eficiente da mobilidade, senón que tamén inclúe o ensanche da beirarrúa xunto aos edificios, mellorando a accesibilidade na zona.

Durante a reunión, o goberno local e os técnicos municipais tamén analizaron como se regularán os semáforos existentes, buscando optimizar as incorporacións desde as vías secundarias, con especial atención á rúa Carballiño.

Ademais, o proxecto segue avanzando coa renovación dalgúns cruzamentos de servizos de abastecemento e saneamento que se atopaban en mal estado.

Esta mellora permitirá tamén gañar un espazo considerable para a cidadanía, así como para os locais comerciais e establecementos de hostalaría da contorna.

Os traballos contan cun orzamento de 1.250.000 euros e estaos executando a UTE de Construcións Fechi e Moncosa OHS.