A principios do ano próximo estará activo un novo centro da rede pública de atención temperá que dará servizo ao Concello de Soutomaior.
Estará compartido cos municipios veciños Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
A Xunta de Galicia sigue estendendo por toda a comunidade a rede pública de atención temperá coa creación de dúas novas unidades, unha para Culleredo e esta outra compartida.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado venres, día 19, recolleu a concesión de achegas para a posta en marcha destes dous novos centros.
Estes centros están dirixidos a menores de 0 a 6 anos e que son fundamentais para previr, detectar e actuar ante problemas de desenvolvemento.
Coa súa próxima entrada en funcionamento, Galicia pasará das dúas unidades que había en 2009 ás 53, que darán servizo a uns 200 concellos e a máis de 6.000 familias.
Ademais, a esta rede hai que sumar os servizos de atención temperá que hai nos principais hospitais, así como os equipos de orientación específicos de Educación.
Por outra banda, o goberno galego traballa na redacción dunha orde para a acreditación das unidades de atención temperá, coa finalidade de que todas elas conten cuns requisitos de calidade comúns.
Tamén se actualizará o protocolo autonómico de intervención, coordinación e derivación, que está vixente desde hai dez anos.