Nova vertedura no río Gafos detectada por Vaipolorío

Pontevedra
04 de xuño 2022

Persoas voluntarias pertencentes á asociación ecoloxista comprobaba a presenza desta vertedura na tarde deste venres 3 de xuño e alertaron á Policía Local de Pontevedra e a persoal de Augas de Galicia 

Vertedura no río Gafos
Vertedura no río Gafos / Asociación Vaipolorío

Con frecuencia repítense episodios de presenza en verteduras nas augas do río Tomeza, tamén coñecido como Gafos. Este venres volvía producirse unha nova aparición dunha vertedura contaminante, neste caso de augas fecais.

Persoas voluntarias que pertencen á asociación ecoloxista Vaipolorío comprobaban ao redor das 19.15 horas esta presenza e alertaban ao departamento do 112. Ata a zona desprazábanse axentes da Policía Local de Pontevedra e persoal de Augas de Galicia para que levantasen acta desta nova incidencia no leito do río.

Vaipolorío lamenta este novo caso de contaminación. O colectivo realizara a anterior fin de semana unha xornada de mantemento do carreiro do río Gafos con limpeza de pontes e retirada de árbores.