Nova xornada de limpeza simultánea de ríos en toda Galicia

Pontevedra
27 de setembro 2016

A IX Limpeza Simultánea "Móllate polos ríos" celebrarase este ano en 44 concellos de toda Galicia, e participarán un total de 56 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de Adega, centros de ensino) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade

Xornada de limpeza "Móllate polos ríos"
Xornada de limpeza "Móllate polos ríos" / Adega

A IX limpeza simultánea "Móllate polos ríos" celebrarase este ano en 44 concellos de toda Galicia, e participarán un total de 56 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de Adega, centros de ensino) e tamén sete concellos que organizan directamente esta actividade. 

Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta novena edición. 

A limpeza, que será o 2 de outubro, mobilizará a numerosos voluntarios que se desprazarán aos ríos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. 

Para levar a cabo a actuación existe un protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará aos voluntarios con unhas camisolas co lema da limpeza. 

En Pontevedra participan: Vaipolorío, a Fundación Juan XXII, e Xuntos Asociación Síndrome de Down; en Ribadumia, o Colectivo Ecoloxista do Salnés; en Poio, a Plataforma Veciñal de Samieira; en Meis o Colexio de Mosteiro-Meis e ANPA A Capela; en Marín, o Grupo Cultural Ronsel; en Cuntis, a Asociación "O Fervedoiro"; en Caldas de Reis, os Independientes de Caldas de Reis, e en Barro, A Barosa.

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de limpeza simultánea en numerosos concellos de Galicia