Novas probas a socorristas en Sanxenxo

Sanxenxo
16 de xuño 2018

A praia de Silgar acolleu á primeira hora deste sábado unha nova xornada de probas para a contratación de socorristas, xusto o día que entre o servizo en nove areais do municipio

Selección de socorristas na praia de Silgar Concello de Sanxenxo

Non queren en Sanxenxo que se repitan as vacantes doutros anos no servizo de socorrismo nas praias, e por iso este sábado realizaron novas probas de selección.

Os aspirantes realizaron as probas de aptitude física á primeira hora na praia de Silgar.

Esta selección prodúcese o día no que se dá por inaugurada oficialmente a tempada alta de verán, coa entrada en servizo da vixilancia e socorrismo en nove praias: Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Montalvo, Major, Foxos, A Lanzada - O Espiñeiro.

Nestes areais xa se contrataron 41 persoas entre socorristas e sanitarios, coa intención de que prolonguen o seu servizo ata o 15 de setembro.

Agora o obxectivo, segundo sinalou o goberno local, é lograr a incorporación doutras 25 persoas para garantir a maior seguridade posible nas praias de Sanxenxo durante os meses de xullo e agosto especialmente, pola habitual alta afluencia de visitantes.