A vítima 168 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha muller de 87 anos, que falecía durante as últimas horas no Hospital Montecelo, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade durante este mércores 7 de abril.
A paciente presentaba outras enfermidades no seu historial clínico antes da infección do virus. Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19, na área sanitaria curáronse 12.478 persoas, oito máis que na xornada do martes.
Ademais do falecemento en Pontevedra, Sanidade comunica tamén os decesos doutras dúas persoas por culpa da enfermidade do coronavirus. Trátase dun home de 95 anos, que perdía a vida no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e dunha muller de 79 anos, falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
Con estas tres novas mortes, o número de perdas en Galicia con motivo da pandemia alcanza a cifra de 2.363 persoas, mentres que o número de pacientes curados sitúase en 113.377 persoas.
En Galicia hai 2.233 persoas con infección activa, 162 persoas atópanse hospitalizadas en planta mentres que 27 pacientes persoas atópanse ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais galegos.