Novo plan de práctica laboral para 200 titulados

Pontevedra
15 de novembro 2014

Cada concello poderá dispor de 1 a 5 titulados, en función da súa poboación. Unha vez definidas as titulacións demandadas, procederase a convocar as bolsas. O obxectivo é que os beneficiarios das bolsas poidan estar realizando as súas prácticas nos primeiros meses de 2015

Un grupo de mozos fai cola ante o rexistro da Deputación Mónica Patxot

A Deputación de Pontevedra iniciou xa a tramitación dun novo Plan de Práctica Laboral que beneficiará a 200 titulados universitarios e de FP que desenvolverán o seu labor na administración local. Así o anunciou este venres o presidente da institución, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde subliñou que os concellos teñen de prazo ata o 20 de novembro para presentar as solicitudes de bolseiros.

Cada concello terá dereito a entre 1 e 5 bolseiros, dependendo da súa poboación e o obxectivo é que nos próximos días poidan ir detallando o perfil dos bolseiros que demandan para, de seguido, convocar as prazas.

Os concellos deberán presentar un proxecto de práctica laboral no que se especifique a titulación demandada, as tarefas que vai realizar o bolseiro, o centro de traballo no que vai prestar servizo, o horario, o sistema de titorías da formación práctica e os criterios de avaliación dos resultados.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes e definido o perfil dos bolseiros, procederase a convocar as bolsas por titulacións, para que os mozos titulados e sen experiencia previa poidan presentarse.

As bolsas oscilarán entre os 700 e 800 euros e concederanse por un período de 6 meses prorrogables por outros seis.

O obxectivo é que os 200 mozos poidan comezar a súa formación práctica nos primeiros meses de 2015.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora