Cando xa criamos que o historial de incidentes na ponte do tren en Alba non daba para máis, este mércores un novo suceso engadiu outro inesperado capítulo.
Un veleiro quedou encaixoado baixo a ponte.
A embarcación estaba a ser transportada no remolque dun camión cuxo chofer non reparou en que superaba o gálibo do viaduto.
Como consecuencia do impacto o veleiro sufriu algúns danos e a base da ponte sumou outra cicatriz máis.
O tráfico de vehículos viuse afectado sobre as dúas da tarde ata que o camión desatascou o carril.