Novos módulos e máis iluminación para o skatepark do Parque Azul

Marín
18 de marzo 2023

O Concello de Marín afirma que reparará todos os módulos de formigón e das bancadas, ademais de cambiar a reixa de recollida de pluviais. Tamén se limparán os muros e o peche perimetral do parque. O investimento previsto é de 48.382 euros

Reforma prevista do skatepark do Parque Azul Concello de Marín

O Concello de Marín quere mellorar as actuais instalacións relacionadas coa cultura urbana no municipio. Por este motivo, o goberno de María Ramallo anuncia a remodelación do skatepark do Parque Azul.

Este espazo de case 460 metros cadrados reformarase coa reparación de todos os módulos actuais de formigón e as bancadas. Ademais cambiarase a reixa de recollida de pluviais e limparanse os muros e o peche perimetral do parque.

Está previsto que se pavimente toda a base do chan e substituirase a varanda metálica. Os módulos de aceiro situados sobre as actuais escaleiras serán retirados para crear dous novos en formigón. 

Por último instalarase unha nova iluminación en todo o paso subterráneo de acceso ao recinto. O investimento previsto ascende a 48.382 euros.