Núñez Feijóo fai escala en Combarro para festexar o Día de Colón

Poio
09 de xullo 2016

O presidente da Xunta de Galicia e máximo representante do PP galego aproveitou o percorrido da súa campaña #FeijóoEnCamiño para visitar este espazo turístico de Poio

Núñez Feijóo visita Combarro no Día de Colón
Núñez Feijóo visita Combarro no Día de Colón / PP de Poio

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, aproveitou o percorrido que está a realizar como máximo responsable do PP galego dentro da campaña #FeijóoEnCamiño para facer unha parada durante a mañá deste sábado 9 en Combarro, Poio, onde se está celebrando o Día de Colón.

Feijóo, acompañado polo presidente provincial do populares Alfonso Rueda e polo deputado Ángel Moldes, achegouse aos diferentes postos de venda de produtos tradicionais.

Algunhas das persoas que se atopaban polo centro de Combarro, ataviados con traxes de época, aproveitaron para realizar fotografías co presidente popular.