O 37038, outro quinto premio que se reparte na Illa de Arousa e O Grove

O Salnés
22 de decembro 2023

A Illa de Arousa e O Grove repiten sorte neste sorteo extraordinario da Lotería de Nadal que se está celebrando este venres. Entregaron outro quinto premio, o terceiro no caso da localidade arousá e o segundo na vila meca. Nesta ocasión, o número premiado foi o 37038

37038, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal
37038, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal / PontevedraViva

A Illa de Arousa e O Grove repiten sorte neste sorteo extraordinario da Lotería de Nadal que se está celebrando este venres. Entregaron outro quinto premio, o terceiro no caso da localidade arousá e o segundo na vila meca.

Nesta ocasión, o número premiado foi o 37038, que supón 6.000 euros por décimo.

Na Illa foi, unha vez máis, a administración de lotería número 1 a que despachou o número deste quinto premio.

Pola súa banda, no Grove o premio entregouno a administración de lotería número 1, situada na Rúa Luis Seoane, tamén una das habituais neste sorteo do Nadal.

En ambos os casos venderon un décimo deste 37038.

Ademais, este quinto premio caeu tamén en Ribadavia (Ourense) e Riotorto (Lugo).